evento | Población
15.12.2023-07.01.2024

Galiverso de Nadal

Imagen de 81190

Regresa ao Gaiás a edición especial do Galiverso de Nadal, da que gozarán especialmente os máis pequenos e pequenas da casa, entrando virtualmente na casa do Apalpador para fisgar como vive esta figura do Nadal galego.

Esta proposta interactiva en realidade virtual substituirá de xeito temporal o Galiverso que acolle habitualmente o Museo Centro Gaiás, ofrecendo entre o 15 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024 unha experiencia adaptada para nenas e nenos a partir de 6 anos, cunha duración menor (de 5 minutos aproximadamente) atendendo ás recomendacións de uso da realidade virtual a idades temperás. Así, o límite de tempo obedece tanto á intención de evitar a fatiga asociada cun uso máis prolongado dos lentes de realidade virtual como de facilitar que o maior número de persoas poida acceder á instalación.

+INFO

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357