Gorpuztu
Gorpuztu’ é un espectáculo de danza contemporánea con música en directo que fala sobre a procura do equilibrio.
É unha loita por estar en calma, por silenciar o ruído, por alixeirar a carga e a culpa, por atopar un lugar onde o animal
durma tranquilo. Nace dunha investigación sobre o uso do corpo en determinados momentos en determinadas relixións. Dividindo o corpo en varias partes, observando accións de movemento á hora do rezo e pasando por conceptos como culpa, penitencia, transcendencia, amor, submisión… presentes en diferentes relixións, nace ‘Gorpuztu’.