Greg Izor, Emilio Arsuaga e Javier Turnes
Greg Izor e Emilio Arsuaga volven reunirse para facer as delicias dos afeccionados á música americana de raíz (blues, country, swamp) cun espectáculo selecto, con sabor a gumbo de Louisiana, a Texas BBQ, a cocido madrileño e a caldeirada de peixe.
Greg Izor e Emilio Arsuaga, ambos os guitarristas, cantantes e armonicistas, coñecéronse en Austin en 2010, e desde entón veñen tocando xuntos a ambos os dous lados do océanoen salas e festivais. Polo camiño conectaron musical e persoalmente con Javier Turnes, cantante e guitarrista galego, a quen convenceron de dar o salto ao novo continente. Desde entón colaboran en España e habitualmente visitan Santiago e Fisterra