GTB ilustrado
En xaneiro de 2024 cúmprense 25 anos do finamento de Gonzalo Torrente Ballester (Serantes, 1910 – Salamanca 1999). Como arranque das actividades que se preparan dende a Fundación Gonzalo Torrente Ballester, xa está na súa sede da rúa do Vilar "GTB ilustrado", exposición na que se reúnen obras de artistas que ilustraron as primeiras edicións dos libros de GTB, ou que as realizaron posteriormente, a partir da súa lectura.
A exposición articúlase nun percorrido centrado en 4 obras: "Compostela" (1948), "La saga/fuga de J. B ". (1972), "El cuento de sirena" (1979) e "Doménica" (1999).