evento | Población
03.06.2023-03.06.2023 12:00:00

Holi Gaiás 2023

Imagen de 80561

A actividade está pensada como opción para a práctica saudable e para pasar un tempo agradable cheo de diversión nun espazo tan vistoso e singular como é o monte Gaiás.

Patrocinada por Viaqua e coa colaboración da Federación Galega de AtletismoGadis e Coca-Cola, a Holi Gaiás trae á Cidade da Cultura o seu espírito festeiro e nada competitivo, no que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e de cores, inspirada no festival Holi da India. 

A proba, que consta de 5 kilómetros aproximadamente nas inmediacións da Cidade da Cultura, conta con dúas categorías, a infantil e a de persoas adultas. 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357