evento | Población
20.12.2023-29.12.2024

Homenaxe a Gustav Henningsen

Imagen de 81471

Fotografías custodiadas no Museo do Pobo Galego grazas á xenerosidade do antropólogo e a súa muller, Marisa Rey, quen en 2019 donou ao Museo o seu Fondo Fotográfico (1965-98) (Fondo Fotográfico Rey-Henningsen. Arquivo Gráfico do Museo do Pobo Galego). Xa antes, en 2009, tiñan donado ás gravacións sonoras ao ILG e no 2020, o seu fondo bibliográfico e documental á Universidad Pública de Navarra.

Henningsen percorreu Galicia fotografiando  cotiá, aquelo que ata entón ninguén tiña plasmado. O inmenso valor das suas fotografías débese a que son imaxes sacadas por un antropólogo, non por un fotógrafo profesional, polo que o punto focal non estaba tanto na iaxe se non nos comportamentos sociais que había nelas.

Nesta selección que agora realizamos, a partires da primeira exposición que elaboraros cos seus materiais, Galicia Mágica I: Reportaxe de un mundo desaparecido, non faltan as tiras fotográficas sobre crenzas e relixiosidade popular galega, dous aspectos que ninguén retratara como Henningsen. 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357