II TradiFest USC
Dirixido por Juan Carlos Zahera, desenvolverase o xoves 15 de xuño a partir das 19.30 horas no Xardín das Pedras que Falan do Colexio de Fonseca. Este II Tradi-Fest contará coa participación da Aula Permanente de Música Tradicional do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo), coordinada polo seu director Suso Vaamonde), e os Espazos de Danza Tradicional e de Pandeireta da USC, coa coordinación de Alejandro Martínez e Leticia López, respectivamente. No programa, diversas pezas para pandeireta, a Antiga Alborada de Ourense, Loliña, o valse procesional de Brea, a Muiñeira de Chantada a Muiñeira das Labradas, pasacorredoiras de Arnoia, o Valse do Miro, a Foliada de Carrril ou o Pasodobre de Mallou.