IMAXINARIA, IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
A imaxinación como refuxio, inspiración e xermolo fundamental do proceso creativo, é a premisa da que parte IMAXINARIA, IV edición da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, que achega á Sede de afundación de Santiago de Compostela, un ano máis, o que se está a facer no ámbito da ilustración a nivel mundial.
Na mostra participan artistas cun alto perfil multidisciplinar, vidas e vidos de diferentes sectores coma a pintura, o cómic, o mural, o graffiti, a animación, a moda, o deseño gráfico ou a tattoo, e que teñen na ilustración o seu principal medio de expresión.
Baixo o título ANIMiiC, propoñense unha serie de actividades paralelas á mostra, como as Sesións ANIMiiC co realizador galego David Fidalgo Omil. David Fidalgo, ademais de participar na exposición, é un dos máis persoais e orixinais creadores de curtametraxes da actualidade, que ten recollido numerosos premios coas súas curtas.