evento
|
Población
15.02.2024-15.02.2024
20:30:00
Isolada
Isolada é a chegada dunha pallasa a unha illa onde naufragar é sobrevivir, e o fracaso, unha forma de existir. Unha historia contada a través dela, do seu xeito de ver o mundo, dende a verdade do xogo, dende a pureza do ser. Todo muda a cada instante porque con todo se pode xogar no presente. Unha aventura chea de ilusión, xogo, imaxes; onde se fala de soños, soidade e loucura. Unha illa onde o riso e a poesía son o fío que liga as historias, e onde se volta á esencia do clown.
Unha creación de Natalia Outeiro "Pajarito"
- Visión externa: Alfonso Medina, Arturo Cobas
- Escenografía: Carlos Alonso, Alfonso Medina Vestiario: Carlos Alonso
- Fotografía: Semieira