evento | Población
06.05.2023-06.05.2023 20:30:00

Iván Vilela e Pablo Castaño

Imagen de 80352

A dupla achega o seu toque persoal e orixinal ás músicas do mundo transitando con naturalidade nas súas creacións entre os contextos erudito e popular, a improvisación do jazz, o feitizo dos ritmos da música brasileira e o lirismo enérxico do canto popular galego.

A suavidade e destreza destes músicos mergulla ao público nunha atmosfera de espiritualismo sonoro onde se suceden melodías con sabor poético comprometidas coas sonoridades tradicionais. Facendo confluír dúas tímbricas infrecuentes, ofrecen versatilidade, dinámica interpretativa e variacións estéticas dotadas dunha sorprendente cohesión. Esta mestura de sons contemporáneos e rescate da tradición vese reforzada coa colaboración especial das poderosas e cálidas voces de Felisa Segade e Gabi Reboredo.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357