evento | Población
02.04.2023-02.04.2023 20:00:00

LA TASTEGGIATA Note rubate. “Razzias” musicais no Barroco

Imagen de 80324

O plaxio, a apropiación de ideas alleas, non é algo novo nas artes. Especialmente no Barroco, unha parte esencial da formación dun músico consistía en aprender a adaptar as obras dos seus mestres. Tamén os temas propios era “reciclados” polos músicos a fin de empregalos con diferentes motivos. Ademais, era común na altura a publicación de obras alleas baixo o nome propio doutro artista, de maneira que hoxe dispoñemos de abondoso material para emprender interesantes “especulacións musicolóxicas”, sobre estas “notas roubadas”.

 

Tobie Miller, Eva-Maria Rusche e Marco Ambrosini, tres solistas cunha ampla carreira ás súas costas e gran recoñecemento a nivel internacional, xúntanse neste programa para ofrecer un virtuosístico recital con diferentes instrumentos de tecla, algúns deles cunha longa historia que se remonta á Idade Media e que perdurarían activos ao longo do tempo, penetrando tamén con forza na música tradicional.

 

O concerto terá lugar nun espazo da cidade no que se conserva un valioso órgano histórico do século XVIII, aínda sen restaurar. Este será precedido dunha distendida conversa coas artistas na que teremos ocasión de falar sobre o programa, os seus protagonistas, anécdotas e outras referencias, así como sobre os interesantes instrumentos que nel serán empregados.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357