evento | Población
30.05.2024-30.05.2024 21:00:00

Lætitia Sadier&The Source Ensemble

Imagen de 81634

Letrista, guitarrista, teclista, compositora, Lætitia Sadier é unha das grandes personalidades do pop moderno. A súa música aúna a esencia da súa admirada Brigitte Fontaine, o krautrock ou a música brasileira, elementos que perviviron tanto na súa carreira en solitario coma nos seus proxectos Stereolab e Monade.

Lonxe de estancarse, a artista francesa non deixou de traballar para conseguir unha voz propia, musical e politicamente (para ela, a música e a política van da man), ademais dun son que lle pertenza, co que se identifique ao cento por cento. Cunha notable e orixinal técnica guitarrística, e con esa capacidade para armar exquisitas pezas persoais e sen estridencias, segue asinando algunhas das páxinas máis brillantes do pop actual.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357