evento
|
Población
27.02.2024-30.06.2024
Lousas dun mesmo Mundo

Esta mostra supón un percorrido visual e poético por un total de 20 montaxes fotográficas.
As imaxes da mostra están creadas grazas á técnica do collage. Cada unha das pezas que o visitante pode observar está composta por dúas imaxes que separadas carecen de sentido pero que xuntas crean unha visión poética que invita ao espectador a unha dobre relectura crítica, tanto das composicións mostradas como do mundo no que vivimos.