evento | Población
16.03.2024-16.03.2024 20:30:00

Lúa Mosquetera “El latido es un baile que siento que me estoy perdiendo”

Imagen de 81309

“El latido es un baile que siento que me estoy perdiendo” presenta a Lúa Mosqueteira recitando poesía nunha xira de teatros.

O protagonismo teno a forza da palabra e os temas tratados (feminismo, perda, precariedade económica, ansiedade, empoderamento). As palabras de Lúa irán acompañadas pola música en directo de Pablo Seijas (guitarra acústica, ukelele, piano), así como dalgunhas pezas visuais.

Este show non é nin pretencioso nin espartano. Pretende ser, simplemente, un paréntisis. Para parar dentro deste vórtice que é a vida moderna e descubrir que a poesía reside, todo o tempo, nas pequenas cousas. Para entender, ao saír do teatro, que investir tempo en escoitar a Lúa, é investilo en escoitarnos a nós. Para non perdernos, nunca máis, ningún baile.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357