evento | Población
01.12.2023-07.01.2024 18:00:00

Luces e voces da Alameda Compostelá: Itinerario con iluminación artística

Imagen de 72532

Durante un mes completo, o noso parque máis insigne lucirá unha iluminación artística especial. Desde o venres 1 de decembro ao domingo 7 de xaneiro, as personaxes senlleiras e outros fitos da historia de Santiago e Galicia presentes na Alameda brillarán máis ca nunca. Propoñémosvos un itinerario para descubrilas todas, aquelas que levan décadas con nós e as de máis recente incorporación, mentres gozades dun fermoso paseo co caer do día. A partir das 18.00 h da tarde e ata entrar a noite, coincidindo co horario das luces de Nadal, atoparedes estes 14 puntos engalanados con luz e cor:

  • 1. Porta Faxeira
  • 2. As Marías
  • 3. Valle-Inclán
  • 4. Homenaxe a Carlos Maside 
  • 5. O banco dos namorados
  • 6. A Leiteira
  • 7. A fonte de mármore
  • 8. Monumento a Rosalía de Castro
  • 9. Federico García Lorca
  • 10. Monumento a Pedro Pais Lapido
  • 11. Pavillón de Recreo Artístico e Industrial (Escola Infantil de Santa Susana)
  • 12. Homenaxe a Castelao
  • 13. Igrexa de Santa Susana

Organiza: Turismo de Santiago / Concello de Santiago. Co apoio de: Deputación da Coruña.

Descarga aquí o folleto (GAL).

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357