evento | Población
27.06.2023-07.01.2024

Luz na terra. El Seminario de Estudos Galegos: una institución de alta cultura

Imagen de 80644

A mostra Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura está concibida como celebración do centenario da fundación do Seminario, pero tamén como unha posta en valor dunha obra colectiva que tratou de actuar de acordo coas esixencias do seu tempo para lograr a modernización da cultura galega e unha proxección exterior da mesma conectando ou intercambiando experiencias e publicacións con institucións análogas de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido, Alemaña ou diversos países do continente americano.

Está comisariada por Ramón Villares, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución da que foi decano da Facultade de Xeografía e Historia e reitor entre 1990 e 1994. Foi membro fundador e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea, é membro numerario da Real Academia Galega desde 2006 e presidiu o Consello da Cultura Galega entre 2006 e 2018. 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357