evento
01.02.2023-12.02.2023 10:00:00

LXX aniversario Moto Club Compostela

Imagen de 80318

En 2023 fanse setenta anos da fundación do Moto Club Compostela, asociación deportiva e cultural de entusiastas e afeccionados ao mundo da moto con sede en Santiago de Compostela. Esta exposición é unha homenaxe para dar a coñecer a historia e evolución deste tempo.
Motocicletas, fotografías, carteis, vestimentas e outros obxectos curiosos farán que os visitantes se trasladen a outras épocas, unha viaxe na que se sintan partícipes dun club de motociclistas con gran influxo e arraigamento na cidade santiaguesa.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357