evento | Población
06.04.2023-06.04.2023 12:30:00

MATINÉS 20’

Imagen de 80330

Este ameno e fresco formato musical, achegaranos, na mañá do xoves, ao órgano da Igrexa da Universidade da man da compostelá Marta López, profesora de clave do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, que interpretará un repertorio de 20 minutos de música da súa escolla, aproximándonos, ao tempo, ao seu oficio e práctica como organista.

 

Marta é unha especialista en instrumentos de tecla históricos nada en Santiago de Compostela. Comeza os seus estudos de órgano na súa cidade natal da man de Bruno Forst e como alumna dos cursos de Música en Compostela. Desenvolve a súa carreira profesional entre España e o Reino Unido, tras estudar clave e órgano con James Johnstone e Carole Cerasi. A súa actividade concertística lévaa a actuar no Reino Unido, España, Francia, Suíza, Italia e Noruega. En Londres é convidada como artista residente na casa museo Handel & Hendrix e o seu interese polos instrumentos de tecla históricos lévaa a realizar concertos nos que percorre importantes coleccións como as de Fenton House, Hatchlands Park e Horniman Museum. Colabora, ademais, como continuísta con diversas orquestras como a Orchestra of the Age of Enlightenment, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Barroca Vigo 430, o Norwegian Wind Ensemble e o Eboracum Ensemble, entre outras. Traballou con directores como Philippe Herreweghe, John Butt, Paul Daniel, Enrico Onofri, Maximino Zumalave, Steven Devine, Robert Howarth e Eamonn Dougan. É convidada ademais ás academias da Orchestra of the Age of Enlightenment, Academy of Ancient Music e a Britten Pears Baroque Orchestra.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357