evento
|
Población
05.04.2023-05.04.2023
10:30:00
Memoria silente: a pegada de Mariano Tafall.
Este itinerario levaranos por diferentes fitos relacionados coa biografía, a actividade profesional e obra deste organeiro. Para iso, contamos coa colaboración dun dos grandes expertos no tema, o músico, profesor e investigador, Miguel A. López Fariña, así como coa organista Alejandra Escolante, que fará soar un dos poucos órganos que se conservan do construtor, o órgano da capela da Virxe do Portal, do convento de Belvís.