noticias | Población
20.02.2014

Mercagalicia obtivo un beneficio de 55.978 euros no exercicio 2013

Mercagalicia (Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago, S.A.) celebrou o seu Consello de Administración, no que se presentaron as contas anuais e o informe de xestión correspondente a 2013. A sociedade obtivo un beneficio de 55.978 euros no pasado exercicio, motivado fundamentalmente polo aluguer de postos que en anos anteriores permanecían baleiros.
Imagen de N11025
Segundo se indica no devandito informe de xestión, Mercagalicia rexistrou en 2013 uns ingresos de 622.491,86 euros, nos que non se inclúen os ingresos procedentes da imputación das subvencións de capital traspasadas ao resultado do exercicio. Os gastos alcanzaron os 609.956,67 euros, nos que non figuran os gastos por amortizacións, que é de 122.499,84 euros.

O resultado do exercicio 2013 despois de impostos é de 55.978,24 euros. Este beneficio é superior ao de anos anteriores debido ao aluguer dalgúns postos que estaban baleiros. Ademais, dotáronse provisións por débedas de clientes neste momento incobrables por 19.382,04 euros. O fluxo de caixa xerado situouse nos 157.275,64 euros.

A cifra total de froitas, hortalizas e patacas comercializadas durante todo o 2013 alcanzou as 13.811 toneladas, fronte ás 16.788 toneladas de 2012, o que supón unha diminución en termos relativos do 17,73%, debido ás menores transaccións comerciais da Unidade Alimentaria.

Para 2014, Mercagalicia prevé que a evolución do negocio estará sometida ao incremento do IPC previsto do 2% e á xestión da ocupación dos locais baleiros.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357