MICE- 19º Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego chega en marzo á súa décimo novena edición consolidada xa como unha cita referente a nivel galego, estatal e mesmo internacional, especializada en cine etnográfico e antropoloxía visual.
Este ano, co foco posto na ollada do cinema etnográfico sobre o político, os rituais, o seu poder simbólico ou os espazos nos que se tecen as súas prácticas, relacións e significacións.
A 19 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico está organizada polo Museo do Pobo Galego, e conta co apoio do Concello de Santiago, a área de Cultura da Deputación da Coruña, e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).