evento | Población
25.10.2023-14.01.2024

Miradas. Retratos do pensamento

Imagen de 81043

Este proxecto forma parte de “Artista en Residencia”(na súa VII Edición) sendo o resultado da estancia dos artistas nas dependencias da Fundación Granell para desenvolver as súas diferentes propostas.

A mostra, de corte intimista, propón unha interiorización da mirada tanto do artista como do público. Unha porta de entrada á esencia mesma do suxeito. Unha crítica indirecta á frivola sociedade robotizada que planea a usurpación da identidade e a sensibilidade, tanto colectiva como individual. 

Cuestionanse polo tanto os modos de ver e de sentir preestablecidos, presentándose así ante o espectador unha realidade constituída por cada unha das subxetivas, diversas e diferentes miradas dos artistas participantes.

 

 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357