evento
|
Población
07.09.2023-14.10.2023
MOXOM. Madeiras no Camiño
Trátase dunha mostra das creacións en madeira recuperada do artista ourensán Xosé Manuel Rodríguez Mojón 'MOXOM'
A traxectoria escultórica de MOXOM arrancou hai máis de vinte anos e de forma completamente autodidacta. As súas obras empregan madeira recuperada dos camiños, fragas, leiras e encoros da xeografía galega como materia prima para a creación e, así, convértense en vehículo co que transitar polo seu percorrido artístico.