evento | Población
08.03.2024-08.04.2024

A muller que son. 7 arquitectas rumanas e as súas obras

Imagen de 81609

A mostra homenaxea o traballo e as figuras da raíña María de Rumanía, que aínda non sendo propiamente unha arquitecta puxo as bases na sociedade para que puideran traballar nese eido as seis arquitectas que canda ela protagonizan a exposición: Virginia Andreescu Haret, Henrietta Delavrancea, Ioana Grigorescu, Silvia Demeter-Lowe, Eliza Yokina e Ilinca Păun Constantinescu. Comisariada pola presidenta da Unión de Arquitectos de Rumanía (UAR), a arquitecta Ileana Tureanu, a exposición presenta, mediante unha selección de fotografías e textos, maquetas e obxectos, a actividade das arquitectas de Rumanía, desde as pioneiras da arquitectura rumana do período de entreguerras e posbélico, ata os nomes máis representativos das novas xeracións.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357