evento | Población
24.03.2024-24.03.2024 20:30:00

A música para órgano no Século de Ouro en Europa

Imagen de 81407

O galego Carlos Fernández Bollo ofrecerá o seu primeiro concerto en Santiago de Compostela e farao cun programa integrado por música ibérica e europea do Século de Ouro e do primeiro Barroco, facendo ao tempo gala das súas habilidades improvisatorias. No decurso do concerto, teremos ademais oportunidade de conversar co artista sobre a súa formación, perspectivas, proxectos e sobre a experiencia de ter gañado, con só 23 anos, o prestixioso V Concurso Nacional de Órgano Francisco Salinas.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357