evento | Población
15.12.2023-07.01.2024

Nadal no Gaiás 23-24

Imagen de 81185

Este ano no Nadal no Gaiás prememos o botón de pausa nos abafos destas datas para volver ás orixes da festividade do solsticio do inverno, agardar polo regreso da luz e celebrar un Nadal máis sostible, afastándonos da présa e do material e gozando do tempo compartido en familia. 

Un lugar máxico que acubilla a luz e a vidasesións de xogo en familia para deixar o móbil a un lado e recuperar a capacidade de abraio da cativada, un espectáculo de monicreques, proxeccións e música baseado na fábula do parrulo feo de Andersen, unha visita virtual á casa do Apalpador ou unha sorprendente experiencia inmersiva para achegarse a hábitats recónditos do planeta Terra. Son só algunhas das propostas para que festexedes connosco un Nadal onde tampouco faltarán unhas divertidas visitas especiais en familia ou o noso xa clásico alumeado exterior. 

+INFO

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357