evento | Población
29.04.2023-29.04.2023 18:30:00

Nataman

Imagen de 80303

Cada persoa brilla con luz propia entre todas as demais. Neste espectáculo de danza contemporánea vemos a dous intérpretes, dous amigos, dous cómplices que se atopan nunha sala de xogos.

Descobren que hai auga, lume, vento e terra ordenados e á súa enteira disposición. 

Natanam significa danza en sánscrito. E ese é o punto de partida deste espectáculo: queriamos dar aos máis pequenos, á primeira infancia, un espazo e un tempo de sensacións a partir da pureza da danza.

Natanam é unha aprendizaxe do camiño cara á alegría que produce o desapego. Ao facerse realidade sobre o escenario, démonos conta de que Natanam é un espectáculo multinivel, con distintos graos de simbolismo dependendo da idade e madurez do espectador, por iso pensamos que é ideal tanto para a infancia como para o público familiar.

 

Ficha artística
Interpretación en creación: Raúl Durán, Gonzalo Moreno e Mª José Casado
Dirección coreográfica: Omar Meza
Asesoramento en dramaturxia e posta en escena: Concha Villarrubia
Dramaturxia: Lola Fernández de Sevilla
Deseño de iluminación: Aitor Palomo
Deseño de vestiario: Laura León
Escenografía e utillería: Manu Sinkeli
Música orixinal: Jesús Fernández e David Campodarve
Asesoramento espazo escénico: Victor Borrego
Produción executiva: Jacinto Santiago
Axudante de produción, administración e comunicación: Kike Fernández.
Asesor de produción e xerencia: Javier Zurita Chao

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357