Nó
Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é
Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea.
NÓ convida ao público nunha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante.
O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada.
Ficha artística
Dirección: Sabela Domínguez, Julia Laport e Kenrick Sandy
Coreografía: Sabela Domínguez, Julia laport e Aina Lanas
Reparto: Sabela Domínguez e Julia Laport
Dramaturxia: Gena Baamonde e ELAHOOD
Música: LLXNTO & Bruno Baw
Vídeo: Iria Casal
Atrezzo: Anahí Taraburelli
Produción: Sabela Ramos
Acompañamento á produción: Manu Lago
Deseño de iluminación: Afonso Castro
Responsable técnico en xira: Nacho Martín