evento | Población
23.02.2024-23.02.2024 20:30:00

Noso

Imagen de 81204

Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que o viu crecer, a casa da infancia, un vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive Nicolás con María, a súa parella. Unha expropiación por causa dunha autoestrada que pasará por ese lugar é o motivo desta xuntanza. Olivia e Rubén acoden, logo de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entre irmáns, a necesidade de mirar ao futuro e a importancia do pasado fan de Noso unha dramedia que fai visible o conflito xeracional e a pertenza ao lugar de onde vimos.

  • Elenco: Denis Gómez, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmi Núñez e Sete Eiroa
  • Espazo escénico e vestiario: Marisa de La Iglesia
  • Deseño iluminación: Daniel Pais
  • Música: Os Náufragos Teatro
  • Axudante dirección: Irene Lorenzo
  • Produción: Antonio Vázquez

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357