Noso
Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que o viu crecer, a casa da infancia, un vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive Nicolás con María, a súa parella. Unha expropiación por causa dunha autoestrada que pasará por ese lugar é o motivo desta xuntanza. Olivia e Rubén acoden, logo de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entre irmáns, a necesidade de mirar ao futuro e a importancia do pasado fan de Noso unha dramedia que fai visible o conflito xeracional e a pertenza ao lugar de onde vimos.
- Elenco: Denis Gómez, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmi Núñez e Sete Eiroa
- Espazo escénico e vestiario: Marisa de La Iglesia
- Deseño iluminación: Daniel Pais
- Música: Os Náufragos Teatro
- Axudante dirección: Irene Lorenzo
- Produción: Antonio Vázquez