Compostela Diversa 2023
Con motivo da celebración o 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBI, Compostela Diversa recolle unha serie de accións para facer de Santiago un referente como cidade de acollida, apostando por accións globais e inclusivas que axuden a avanzar na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo.
Un centenar de establecementos comerciais e hostaleiros da cidade sumanse cada año á iniciativa de Compostela Diversa. Os comercios, bares, restaurantes e aloxamentos celebran a diversidade con mandís, carteis, postais, pousavasos, manteis invididuais e banderíns LGTBI.
Ademais, para visibilizar os valores de Compostela Diversa, farase a iluminación/decoración de espazos públicos destacados e de alta concorrencia para os visitantes, tales como a propia oficina central de Turismo de Santiago, diversos puntos do parque da Alameda -Palco da Música, escultura das Marías -iconas elas mesmas da diversidade-, acceso desde a Porta Faxeira e “Eucalipto dos Namorados”.
Finalmente, no Paseo dos Leóns da Alameda instalarase un Arco da Vella de grandes dimensións para que tanto as persoas residentes en Santiago como as persoas que visitan a cidade estes días podan tomarse unha fotografía cos cores da diversidade coa vista do Casco Histórico e da Catedral no fondo. A iluminción estará visible do 12 de xuño ata o 2 de xullo, a partir da noitiña e ata a madrugada.
Esta iniciativa está impulsada polo Concello de Santiago, a través da Concellería de Igualdade e coa colaboración especial de Turismo de Santiago e o servizo municipal de Comercio, e conta co apoio da Deputación da Coruña.
PROGRAMA COMPLETO
Compostela Diversa - Na rúa INFO AQUÍ
Compostela Diversa – Nos establecementos: comercios, bares&restaurantes, aloxamentos INFO AQUÍ
Compostela Diversa - Faladoiros 24 e 26 xuño, CSC Maruxa e Coralia e outros lugares. INFO AQUÍ
Compostela Diversa - Festival 24 xuño / Praza de Mazarelos INFO AQUÍ
Compostela Diversa - Manifesto 28 xuño / Praza do Obradoiro INFO AQUÍ
Compostela Diversa - Orgullo Trans de Arelas 8 xullo / varios lugares. INFO AQUÍ
Mércores 23 de xuño
18.30-19.30 h. CASA XOHANA TORRES
”Educar(se) na diversidade” Asociación Nós Mesmas
Sábado 26 de xuño
11.30-14.00 h. C.G.A.C.
Proxección do documental “Persoas S.A.” Carmen PG Granxeiro
Mesa redonda coa participación de: Laura Bugalho | Daniela Fernández |
Enrique Latorre | Cristina Palacios | Carmen PG Granxeiro | Brais Papiri
18.00-20.30 h. PARQUE DE BONAVAL
Programa lúdico, artístico e poético
Paraíso Canto | A Rabela | Aldaolado
Domingo 27 de xuño
11.00-12.30 h. TEATRO PRINCIPAL
“Historia e memoria da disidencia sexual en Galicia (1880-1980)”
Daniela Fernández
13.00 h. PALCO DA MÚSICA – ALAMEDA
Lectura do Manifesto
20.00-21.30 h. TEATRO PRINCIPAL
Presentación a cargo de As fillas Bravas
Fransy, Davide e Cibrán
Do 24 de xuño ao 11 de xullo
Campaña de dinamización e visibilización
Comercios, aloxamentos, bares e restaurantes
Do 24 de xuño ao 11 de xullo
Iluminación e decoración de espazos públicos: Pazo de Raxoi, Teatro Principal e Alameda
Fai unha foto coa iluminación ou coa imaxe da campaña, compártea nas túas redes co cancelo #composteladiversa e participa nun sorteo.