Museo da Maxia
<p>Un museo de maxia único en Galicia e situado no casco histórico de Compostela que ofrece visitas guiadas con ilusión interativas e demostracións de maxia en directo.</p>

O Museo de Magia Kiko Pastur é un espazo único na sua categoría como referente cultural e recreativo en Santiago de Compostela. Situado no casco histórico, a un par de minutos da catedral, e nun dos lugares máis emblemáticos da cidade: fronte a igrexa de San Martiño Pinario.
O local conta cunha exposición permanente e interativa de ilusións ópticas, pezas históricas e artiluxios do arte da maxia. A visita permite sorprenderse cos magos do museo, profesionais do ilusionismo que realizan demostracións de maxia en directo.
A entrada ao museo ofrecese como formato de visita guiada de 45 minutos, con distintos horarios ó longo do día que poden consultarse e reservarse na súa páxina web.
A experiencia da visita ó museo de maxia está adaptada a todo tipo de públicos e realízase en galego, castelán e inglés cando é preciso. Inclúese tamén unha tenda de regalos máxicos, libros e artigos do museo para que nenos e adultos poidan iniciarse no mundo da maxia.
A oferta completase cunha programación eventual de shows (espectáculos) de maxia, cursos e conferencias en torno ó arte do ilusionismo.
Esta iniciativa foi creada de forma privada polo ilusionista galego Kiko Pastur en 2020.
<p>Luns a sábado, de 11:00h a 13:45h y de 17:00h a 20:45h.</p>