Mosteiro e Igrexa de San Martiño Pinario

Destacan os fabulosos retablos barrocos, as sillerías do coro, unha delas procedente da Catedral, e a colección, con interesantes esculturas, obxectos litúrxicos, gravados e outras pezas de grande valor.

San Martiño Pinario foi o máis influínte e grande dos mosteiros beneditinos de Galiza, e o segundo en tamaño de toda España tras o do Escorial.
O seu museo inclúe a visita á igrexa, que destaca entre todas as da cidade polo seu impresionante baldaquino e polo cadeirado dos seus coros (o do coro alto é renacentista do s. XVII e pertenceu á Catedral).
Ademais, en varias salas distintas exhíbese a súa colección de pintura, escultura, ourivaría, restos arqueolóxicos, etc., así como obxectos que falan do día a día dos monxes que o habitaron: a súa imprenta, a botica, e o antigo gabinete de historia natural do mosteiro.

mércores-luns: 11:00 - 14:00 / 15:30 - 19:00h

Martes: 11:00 - 14:00

Visitas guiadas: venres, sábados, domingos e luns: 12:00, 17:00

Grupos: consultar