Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago, Mercagalicia S.A.
Sobre nós A Entidade dos Mercados Centrais de Abastecemento de Galicia, MERCAGALICIA, S.A. Constituíuse o 27 de febreiro de 1989 e comezou a funcionar o 31 de xaneiro de 1993 froito da colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a Sociedade Pública Mercasa.
Mercagalicia conta na actualidade cunha superficie global de 63.000 m² e as súas instalacións ofrecen solucións para a comercialización e distribución de produtos alimenticios frescos na cidade de Santiago e por extensión en toda Galicia. Hoxe, a súa actividade principal é a distribución e venda de froitas e hortalizas, coa intención de ampliar a súa oferta a outros produtos alimentarios, tanto perecedoiros como non perecedoiros.

Luns-Domingo
07:00 - 22:00