Servizos Municipais

Submitted by deweloper on Tue, 14/05/2024 - 09:23

A organización administrativa do Concello de Santiago está composta por diversos departamentos, servizos, unidades e axencias que se ocupan da xestión e prestación dos servizos municipais dirixidos aos cidadáns e cidadás e tamén daqueles outros que permiten o funcionamento da propia administración local.

A maiores, existe unha serie de organismos autónomos e empresas municipais, mixtas ou que se ocupan en réxime de concesión da prestación de servizos municipais básicos como o abastecemento de auga, a recollida do lixo, o transporte ou a promoción turística da cidade.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357