evento | Población
09.02.2024-17.03.2024

Nulla dies sine linea

Imagen de 81473

Na presente exposición poñemos o foco na súa forma de representar a paisaxe natural e urbana. Aínda que os seus lenzos arquitectónicos están baseados na xeometría, remata buscando sempre un reduto onde a natureza faga a súa aparición. Non é accidental que o ollo de Cristina párese nunha moldura onde afloran as formas vexetais.

Do mesmo xeito, cando Fernández Núñez acomete a representación dunha paisaxe ao aire libre busca unha e outra vez a liña recta. Xa sexa a partir de dous campos de cor en cuxa unión se debuxa o horizonte, recorrendo a un texto (case sempre en francés) capaz de atravesar un bosque lonxitudinalmente ou mediante a cruz de dous camiños perpendiculares que, dende o alto, parecen esbozar un cardo e decumano romanos. 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357