noticias | Administración municipal
10.10.2023

O Auditorio de Galicia inaugura unha nova edición do Ciclo de Lied co programa �Mozart ao teu carón�

O Ciclo de Lied, organizado polo Concello de Santiago de Compostela coa coordinación artística da asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e coa colaboración da Deputación da Coruña, bota a andar unha nova edición este mércores 11 de outubro no Auditorio de Galicia.
Imagen de N22797
Faino, unha vez máis, ao abeiro do programa da Real Filharmonía de Galicia (RFG) para a temporada, e componse de dous concertos que afondan na dimensión poética de creacións de Wolfgang A. Mozart, Felix Mendelssohn, Gustav Mahler, Robert Schuman e Johhanes Brahms, e na comuñón da música coas outras artes e co pensamento literario e filosófico.

�Mozart ao teu carón�

O primeiro dos recitais terá lugar este mércores 11 ás 20.30 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio. Baixo o lema �Mozart ao teu carón�, o programa escolma unha serie de cancións e pezas para piano do xenio austríaco coas que explorar o amor, a perda, e a aceptación a través voz da soprano Julian Banse, o piano de Alexandre Krichel e a danza de István Simon. O director e coreógrafo Andreas Heise toma a batuta neste espectáculo no que movemento, voz e piano se combinan nunha soa expresión para ofrecer unha experiencia teatral apaixonante e moi emotiva a partir da música de Mozart. Como antesala do concerto, a musicóloga Teresa Adrán conducirá a sesión �Conversando con�", un faladoiro aberto ao público para profundar nesta proposta musical que arrancará ás 19.00 horas na Sala Mozart.

�Duettos�

O segundo e último recital do Ciclo terá lugar o xoves 18 de xaneiro ás 20.30 horas, tamén no Auditorio. No programa �Duettos�, a mezzosoprano Catriona Morison, o barítono Konstantin Krimmel e o pianista Ammiel Bushakevitz interpretarán pezas de Felix Mendelssohn, Gustav Mahler, Robert Schuman e Johhanes Brahms, para nos mergullar no potencial perturbador e emotivo do lied.

Entradas e bonos

O bono de tempada da RFG dá acceso a ambos os concertos. Ademais, poderanse adquirir entradas individuais con antelación a través da web de Compostela Cultura e no despacho de billetes da Zona C e, xa o día do concerto, no despacho de billetes do Auditorio de Galicia.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357