evento | Población
21.10.2022-31.12.2023

O Galiverso empeza aqui

Imagen de 80176

O Galiverso empeza aquí é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dun xeito diferente. Sen saír da Cidade da Cultura, poderedes viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, ollar A Coruña desde o alto da lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santa Baia de Bóveda, entre outras experiencias.

Na Cidade da Cultura poderán vivirse 12 experiencias diferentes de realidade virtual que percorren as catro provincias galegas:

-    O solpor desde o Faro de Fisterra
-    O interior da lanterna da Torre de Hércules (A Coruña)
-    A cripta do Apóstolo en Santiago de Compostela
-    A muralla romana de Lugo
-    A torre de Xiá en San Paio de Narla (Lugo)
-    O templo romano soterrado de Santa Baia de Bóveda (Mera, Lugo)
-    O interior dunha palloza no Cebreiro (Lugo)
-    O Mosteiro de Santa María a Real de Oseira (San Cristovo de Cea, Ourense)
-    O canón do Sil entre as provincias de Ourense e Lugo
-    O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense)
-    Os tellados da Catedral de Tui (Pontevedra)


O Galiverso está aberto no andar 0 do Museo Centro Gaiás, de martes a venres en horario de tarde de 16.00 a 20.00 horas, así como sábados, domingos e festivos (excepto luns), de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas. A visita é gratuíta e non é necesario reservar praza.

A sala dispón de 3 postos individuais con cadanseu equipo de realidade virtual, que poden operar de maneira simultánea. Un mapa virtual de Galicia permite seleccionar as experiencias, que van acompañadas de textos e audios explicativos en galego, castelán e inglés.

A duración de cada sesión individual é duns 20 minutos máximo e durante a mesma poden vivirse unha ou varias das experiencias de realidade virtual ofertadas. O límite de tempo obedece tanto á intención de evitar a fatiga asociada cun uso máis prolongado dos lentes de realidade virtual como de facilitar que o maior número de persoas poida acceder ao Galiverso.

+ INFO

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357