O Lago dos Cisnes
Friecia é unha monarquía absolutamente absoluta, gobernada pola nosa benquerida raíña Fríxida.
Fríxida é unha raíña do máis moderno pero que...respecta as tradicións! Algunhas como a pena de norte ou comer reno á feira, a comida nacional por excelencia.
A raíña Fríxida está preocupada porque a tradición máis importante non se está a cumprir: o seu fillo Sigfrido, o principe herdeiro, vai facer 41 anos e aínda non casou!
A raíña prepara un baile na corte con 263,5 candidatas. Está todo listo e medido, con grande exactitude friesa pero... a noite antes, Sigfrido vai de caza, e nobosque, perto do lago, vai ter lugar un encontro do máis inesperado...
Calquera cousa pode acontecer nesta achega cómica de Tangatutanga Teatro ao ballet clásico do Lago dos Cisnes.