noticias | Población
13.03.2009

O PXOM ao completo nesta páxina web

Xa está dispoñible nesta web o texto refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Os interesados poden consultar o documento completo, con todos os seus planos e textos.
A normativa de revisión do PXOM foi publicada o 10 de marzo de 2009 no Boletín Oficial da Provincia (BOP), co que se produce a súa entrada en vigor. Esta publicación cumpre co esixido polo artigo 92.2 da Lei 9/2002 de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O documento completo é accesible dende a parte dereita da portada desta web municipal. O enlace correspondente está situado entre o apartado de Mobilidade e o dedicado aos contidos para o móbil.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357