evento | Población
01.02.2024-15.03.2024

O reino das árbores

Imagen de 81377

As obras de Luis Rodríguez Camarero caracterízanse pola cualidade matérica e beleza cromática que presentan, destacando o emprego dunha persoal técnica de tratar o óleo que esixe un moi premioso e delicado proceso de execución por etapas, ao ter que proceder por capas superpostas de materia e mesmo tamén de cores.

Con este procedemento técnico pretende que as obras gañen en tactilidade plástica e expresividade visual. As paisaxes de Galicia, que lle serven de motivo, logran transmitir unha pureza na composición e un lirismo poético infrecuentes na pintura figurativa de natureza paisaxística.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357