evento
|
Población
24.05.2024-24.05.2024
20:30:00
O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada

Foco Esther F. Carrodeguas
Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON] ficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.
- Texto e interpretación: Esther F. Carrodeguas
- Dirección: Xavier Castiñeira
- Sonoplastia: Juanma Lodo
- Fotografías: Ana Barceló
- Produción e distribución: Esther F. Carrodeguas