noticias | Población
30.06.2022

O venres 1 de xullo comeza o horario de verán na rede de transporte público de Santiago

Este vindeiro venres, 1 de xullo, entrarán en vigor os horarios da temporada de verán no transporte urbano.
Imagen de N21660
As liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais desta temporada. Nesta tempada, reforzaranse os servizos da liña 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos.

Nos vindeiros días estarán disponibles nos autobuses a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade.

No documento adxunto poden consultar os horarios e frecuencias por liña.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357