noticias | Población
07.09.2023

O vindeiro luns comezan os horarios de inverno no transporte urbano

A partir do luns 11 de setembro, ponse en marcha a tempada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.
Imagen de N22702
No folleto informativo adxunto pódense consultar os horarios e coñecer todos os cambios. Nos vindeiros días o folleto actualizado estará dispoñible de forma impresa e tamén se realizará a substitución da cartelería nas paradas da cidade.

Para calquera dúbida, os usuarios e usuarias poden dirixirse ao teléfono de información do transporte urbano, 981581815.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357