Pablo Meixe "Meixeverso"
Pablo Meixe deuse conta que ao longo e ancho dos distintos planos da realidade pódense atopar personaxes curiosos que poñen a proba o tecido da graza e o chiste. As adolescentes xa non escoitan K-Pop e os cuñados deixaron de dar consellos sobre coches de segunda man, indicando que o mundo está a piques de colapsar. Un mozo deberá utilizar todas as súas versións para salvar o multiverso: Pablo (Meixe) convídanos a unha viaxe chea de humor no que falará das súas vivencias, explicará as súas desventuras e coñeceremos por que m*rda aínda non o botaron do teatro.