evento | Población
23.02.2024-23.02.2024 21:00:00

Pamela Rodríguez

Imagen de 81432

A artista peruana residente na Coruña presenta a súa nova referencia, neste caso un EP de seis temas.

Pamela Rodríguez ven de publicar “Meigas” (2023), un EP con seis cancións que, segundo indica, "representa máis de dous anos de profunda procura e un romance coa máquina". A vocalista sinala tamén que a súa música “é unha carta de amor a Galicia, unha oda á natureza, a madurez, o salvaxe e a feminidade”.

O traballo inclúe unha primeira inmersión da autora no galego, co tema “Terra Dás Femias”, onde se suma a voz da recoñecida e apaixonada artista galega, Guadi Galego.

A referencia tamén inclúe "As nubes”, unha versión do grupo chileno Arranquemos el Invierno con Iván Ferreiro aos sintes e caixa de ritmos.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357