evento
09.03.2024-09.03.2024
18:30:00
Paüra
Paüra é un espectáculo de humor. Dámoslle a man á Paüra e levámola de compañeira a unha aventura escénica para todos os públicos con música en directo. O medo nunca foi un bo conselleiro e, con todo, a miúdo é o que nos move a accionar. O medo existe e cohabita en cada un de nós; desexamos non sentilo, pero levámolo dentro.
Afondamos na linguaxe do pallaso, para falar do medo con gargallada e poesía. Un concerto teatral. Unha peza musical chea de hilaridade.
- Dirección: Lucas Escobedo
- Axudante de dirección: Joan Cusó
- Dramaturxia: Lucas Escobedo
- Dirección e composición musical: Raquel Molano
- Intérpretes: Lucas Escobedo, Raquel Molano, Alfonso Rodríguez e Marta Sitjà
- Voces en off: Amaia, Xabi e Mikel
- Responsable da arte e vestiario: Paloma Bravo
- Coordinación e deseño do proxecto: Mireia Romero
- Deseño de iluminación: Juanjo Llorens Técnico en xira: Rubén Franco
- Deseño de son e técnico en xira: Óscar Guzman
- Asesoramento interpretación: Mar Navarro.
- Asesoramento voz: Christian Atanasiu
- Asesoramento maxia: Juan Paños
- Responsable de produción: Iruña Iriarte - Cía. Lucas Escobedo