evento | Población
05.02.2024-05.02.2024 18:15:00

Polo Entroido, fai comedia

Imagen de 81424
O Entroido é a festa máis festeira do ano, e non ten por que limitarse a poñerse un disfrace e xantar orella: nestas datas os escenarios son as rúas, e os protagonistas todos os que queiran actuar nelas!

Para que os Veciñ@s tamén poidan facer os seus propios sketches polo Entroido ofrecemos obradoiros de Teatro de Improvisación para Principiantes, nos que amosaremos as ferramentas básicas do xénero e formatos sinxelos para que os participantes poidan xerar os seus propios sketches cómicos sen maior necesidade técnica que as gañas de pasalo ben!

DE BALDE, PRAZAS 10, PÚBLICO ADULTO/A,  RESERVA PREVIA NO 981542490.

 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357