evento
|
Población
02.04.2024-31.08.2024
#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega
#Punctum pon sobre a mesa dúas realidades que resultan irrefutables: que a banda deseñada é arte e que as artistas galegas de BD son posuidoras dunha potencia visual e un discurso artístico de primeira orde.
Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy, artistas da BD e o fancine galego amosan no espazo expositivo o seu talento en propostas ricas e heteroxéneas que abordan temas, códigos, soportes e desafíos estéticos vixentes no noso acervo.