evento | Población
25.05.2024-25.05.2024 20:30:00

Rapadas

Imagen de 81265

Foco Esther F. Carrodeguas

Rapadas nace da necesidade de compartir co público a documentación recadada por Esther F. Carrodeguas sobre as mulleres rapadas na (pos) guerra civil, no seu intento por escribir unha obra de teatro. A partir destes feitos do noso pasado, a autora investiga arredor do concepto de “rapada” a nivel histórico: de Xoana de Arco ás Femmes tondues (colaboracionistas); de Britney Spears a Jada Pinkett; de blogueiras descoñecidas a modelos internacionais. Neste camiño, Carrodeguas chega até as mulleres que no 2022 se rapan a si propias en Ucraína tentando non resultar atractivas a posibles violadores durante a invasión.

  • Texto: Esther F. Carrodeguas
  • Dirección: Xavier Castiñeira
  • Elenco: Esther F. Carrodeguas, Juanma Lodo e Sabela Domínguez
  • Sonoplastia e videoinstalación: Juanma Lodo

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357